top of page

Clase de IAEE do 29/01/2020

  • Foto del escritor: Héctor Marcos Pérez Feijoo
    Héctor Marcos Pérez Feijoo
  • 30 ene 2021
  • 1 Min. de lectura

Resumo da clase anterior

Agora toca buscar unha solución. E para iso verificaremos o que sabemos da opción elixida:

  • Que sabemos do problema?

  • Como resolveu algunha outra persoa un problema similar?

  • Que é o que non sabemos?

  • Que capacidades temos?

Entón haberá que propoñer alternativas para a solución do problema principal, de forma que ao final determinemos cal será a nosa idea de negocio, a mellor alternativa para solucionar o problema.

Unha forma de presentar esta idea consiste en facer o chamado Minicanvas. É un resumo da idea de negocio baseado en explicar catro elementos da mesma:

  • O produto: que queremos facer.

  • A clientela: a quen diriximos o produto.

  • A canle: como nos comunicamos coa clientela.

  • As relacións: coa clientela. Se utilizamos unha atención personalizada ou ben a relación é máis automatizada.

Hai outras alternativas para a presentación da idea pero o Minicanvas é unha opción fácil e clara. Podedes ver máis sobre el na presentación seguinte.




 
 
 

Comentarios


Publicar: Blog2_Post

©2020 por Econoclasta. Creada con Wix.com

  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn
bottom of page