Clase de IAEE 10/2/2021
- Héctor Marcos Pérez Feijoo
- 10 feb 2021
- 1 Min. de lectura
A empresa como organización é unha estrutura onde se toman decisións; un conxunto de actividades diferenciadas onde se producirán relacións formais e informais.
A estrutura orgánica é a forma de organizar ás/aos traballadoras/es da empresa:
Para asignar de forma correcta o traballo.
Determinar quen manda a quen
Establecer vías de comunicación entre o persoal
A estrutura entón é como unha rede de comunicación para ordenar o traballo de forma correcta.
Internamente, a empresa estrutúrase en áreas ou funcións que dan lugar a departamentos, tamén chamados áreas ou unidades funcionais, baixo a responsabilidade dunha/dun encargada/o ou xefa/e de departamento.
Departamentos habituais das empresas
Departamento de produción
· Xera produtos o servizos, mediante a transformación de recursos.
· Tamén soe chamarse unidade de operacións.
Departamento comercial
Departamento de compras
Encárgase do aprovisionamento de bens ou servizos para a empresa.
Departamento de vendas
Encárgase de establecer a política de prezos, relacións con clientes, condicións da venda, etc.
Departamento financeiro
Obtén e xestiona o diñeiro que a empresa necesita para o desenvolvemento da súa actividade e controla todas as súas actividades económicas.
Departamento de recursos humanos
· Planifica e executa as decisións relativas a recrutamento, selección, formación e deseño das políticas de persoal da empresa.
· Pode encargarse tamén das medidas de seguridade e hixiene no traballo.
· Nas grandes empresas, desenvolve programas de avaliación do traballo para valorar a actividade das/dos empregadas/os.


Comentarios