top of page

44ª Clase de Economía de 1º Bach. 17/12/2020

  • Foto del escritor: Héctor Marcos Pérez Feijoo
    Héctor Marcos Pérez Feijoo
  • 17 dic 2020
  • 1 Min. de lectura

Relacións entre as macromagnitudes derivadas do PIB.


Produto a prezos de mercado é o que se deriva de calcular o PIB polo método do gasto (polo que pagan os axentes económicos que adquiren a produción). A custo de factores é o que se deriva do método do ingreso (do que se paga para producir). Cando se adquiren os produtos, ao custo de factores haille que engadir os impostos ao consumo ou impostos indirectos (Ti), e restar as subvencións que se descontan do prezo dos produtos (Subv).

PNBpm=PNBcf+Ti-Subv


Produto Neto é o que desconta as cantidades que se usan en repoñer o capital produtivo que se desgasta (depreciación)

PNN = PNB - Depreciación


Produto interior é o que se produce dentro das fronteiras, con independencia da nacionalidade dos factores de produción. Nacional é cando sumamos o producido polos factores de produción dun país, aínda que sexa no estranxeiro. Para pasar de interior a nacional, hai que sumar o que se produce no estranxeiro polos factores nacionais (RFN) e restar o que producen os factores estranxeiros no país (RFE)

PIN = PNN + RFN - RFE-






 
 
 

Comentarios


Publicar: Blog2_Post

©2020 por Econoclasta. Creada con Wix.com

  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn
bottom of page