41ª Clase de Economía de 1º Bach. 10/12/2020
- Héctor Marcos Pérez Feijoo
- 17 dic 2020
- 1 Min. de lectura
Resumo da clase anterior
Macroeconomía
Parte da economía que estuda o comportamento global da economía dun territorio. Os problemas macroeconómicos básicos son:
- O crecemento económico
- A estabilidade de prezos
- O desemprego
Ademáis, hai outros problemas relevantes para a macroeconomía: estabilidade das relacións co exterior. desigualdade na distribución da renda, pobreza, sustentabilidade, benestar social... que ao meu xuizo non son menos importantes.
Unha macromagnitude é unha variable que serve para medir un fenómeno macroeconómico. É dicir, serve para medir a situación dun problema macroeconómico.
Para cada un dos problemas económicos podemos asociar unha ou máis macromagnitudes.
Crecemento ---> PIB
Estabilidade de prezos ---> IPC
Desemprego ---> Paro rexistrado; EPA
...



Comentarios