top of page

28ª Clase de IAEE. 9/12/2020

  • Foto del escritor: Héctor Marcos Pérez Feijoo
    Héctor Marcos Pérez Feijoo
  • 10 dic 2020
  • 1 Min. de lectura

Resumo da clase anterior


As prestacións ou pagos que fai a Seguridade Social cando se producen estes riscos son de varios tipos:

  • Pensións: por xubilación, por viuvez ou por orfandade

  • Subsidios: que se reciben durante determinados períodos. Recíbenos as persoas traballadoras afiliadas, e que están en activo, cando lles é imposible acudir ao traballo e, ademais, necesitan coidados médicos por enfermidade ou accidente. As prestacións neste caso poden ser económicas (parte do soldo que gañaría se fose a traballar, subsidios farmacéuticos que son prezos máis baixos nas medicinas necesarias) e non monetarias (dereito a asistencia sanitaria). Tamén subsidios de maternidade, que permiten que a nai poida coidar do seu bebé e pasar con el os primeiros meses da súa vida sen deixar de recibir o seu soldo, grazas a estar a contribuír con parte do seu soldo mensual á Seguridade Social. Os pais teñen dereito a un período de tempo para atender á/ó filla/o sen deixar de percibir o seu soldo.

  • Indemnizacións: por accidentes ou enfermidades que afecten á posibilidade de realizar o traballo, sempre que a persoa afectada contribuíse á Seguridade Social.

  • Prestacións por desemprego: todos os traballadores que leven traballando un tempo determinado e cotizando teñen dereito a recibir esta prestación se perden o emprego.

 
 
 

Comentarios


Publicar: Blog2_Post

©2020 por Econoclasta. Creada con Wix.com

  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn
bottom of page