top of page

27ª Clase de IAEE, 4º ESO. 4/12/2020

  • Foto del escritor: Héctor Marcos Pérez Feijoo
    Héctor Marcos Pérez Feijoo
  • 6 dic 2020
  • 3 Min. de lectura

Resumo da clase anterior.


Continuación da explicación sobre a Seguridade Social. A seguinte teoría é o desenvolvemento do esquema presentado na clase. Na seguinte clase seguirémolo explicando:




A seguridade Social non impide que as persoas contraten todo tipo de seguros privados que lles proporcionen prestacións complementarias ás obtidas polo sistema público.


Os traballadores teñen a obriga de pertencer á Seguridade Social, o que se chama afiliación. Cando un traballador está en activo, é dicir traballando, entrega unha parte dos seus ingresos ao sistema, o que se chama cotización. As empresas tamén teñen a obriga de cotizar certas cantidades polos traballadores que teñen en activo. Os traballadores teñen que afiliarse xusto antes de comezar o seu primeiro traballo e recibirán un número de Seguridade Social para sempre. As empresas tamén teñen que darse de alta no sistema antes de contratar a calquera traballador.


A Seguridade Social non é única, senón que ten varias modalidades chamadas réximes. O réxime xeral é o correspondente aos traballadores por conta a


llea. Os réximes especiais protexen a outros colectivos, como o Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), o Réxime Especial Agrario, etc. O Seguro Escolar protexe aos estudantes cubrindo gastos sanitarios, por accidentes e pagando cantidades en caso de falecemento dos pais. Están regulados polas súas leis específicas os Funcionarios Civís do Estado, as Forzas Armadas e o Réxime Especial d


e Funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza integrados todos eles no coñecido como Réxime de Clases Pasivas.



Sistema de protección.

O sistema de protección ten dous niveis:

  • O nivel contributivo, que é para as persoas que 'cotizan', ou sexa, achegan parte das súas ganancias mensuais á Seguridade Social e para os seus beneficiarios.

  • O nivel non contributivo ou básico: existen axudas por xubilación, por maternidade, por incapacidade... pero neste caso o diñeiro procede do Estado, dos seus Orzamentos Xerais na súa maior parte.

En principio canto maiores son as cotizacións dunh


a persoa maiores prestacións vai ter cando cobre da Seguridade Social, aínda que por exemplo no caso das pensións, hai unha pensión mínima e unha pensión máxima.


Hai 6 clases de situacións protexidas:

  • Prestacións sanitarias: para toda a poboación, incluídas as persoas estranxeiras.

  • Pensións: contributivas, as que reciben aquelas persoas que non puideron achegar fondos á Seguridade Social; contributivas as das persoas que achegaron fondos. Hai persoas ás que se lles recoñece o dereito a unha pensión de invalidez por sufrir determinadas enfermidades que diminúen a súa capacidade física ou psíquica e hai tamén pensións de xubilación.

  • Subsidio por maternidade: dáselles, en caso de ter un fillo, a todas as traballadoras aínda que non estivesen a cotizar o tempo necesario.

  • Protección familiar: axudas para familias españolas ou estranxeiras que vivan en España, ben por ter un fillo menor ao seu coidado, porque nacese un novo fillo, ou tamén porque se adoptase un. Existen tamén axudas no caso de familias con moitos fillos, ou de familias monoparentais (nas que so hai unha/un nai/pai).

  • Protección por desemprego: o Estado achega unha cantidade para a axuda económica ao desempregado e tamén aboa unha parte á


Seguridade Social para protexerlle nas situacións necesarias.

  • Servizos sociais: asistencia a determinados colectivos, como por exemplo as persoas maiores.


As prestacións ou pagos que fai a Seguridade Social cando se producen estes riscos son de varios tipos:

  • Pensións: por xubilación, por viuvez ou por orfandade

  • Subsidios: que se reciben durante determinados períodos. Recíbenos as persoas traballadoras afiliadas, e que están en activo, ca


ndo lles é imposible acudir ao traballo e, ademais, necesitan coidados médicos por enfermidade ou accidente. As prestacións neste caso poden ser económicas (parte do soldo que gañaría se fose a traballar, subsidios farmacéuticos que son prezos máis baixos nas medicinas necesarias) e non monetarias (dereito a asistencia sanitaria). Tamén subsidios de maternidade, que permiten que a nai poida coidar do seu bebé e pasar con el os primeiros meses da súa vida sen deixar de recibir o seu soldo, grazas a estar a contribuír con parte do seu soldo mensual á Seguridade Social. Os pais teñen dereito a un período de tempo para atender á/ó filla/o sen deixar de percibir o seu soldo.

  • Indemnizacións: por accidentes ou enfermidades que afecten á posibilidade de realizar o traballo, sempre que a persoa afectada contribuíse á Seguridade Social.

  • Prestacións por desemprego: todos os traballadores que leven traballando un tempo determinado e cotizando teñen dereito a recibir esta prestación se perden o emprego.


 
 
 

Comentarios


Publicar: Blog2_Post

©2020 por Econoclasta. Creada con Wix.com

  • Facebook
  • Twitter
  • LinkedIn
bottom of page