21ª Clase de Economía de 4º ESO. 17/11/2020
- Héctor Marcos Pérez Feijoo
- 18 nov 2020
- 1 Min. de lectura
Resumo da clase anterior
Movementos da curva de demanda ante modificacións de variables diferentes ao prezo: gustos, prezos de bens relacionados, renda, outros factores.
Equilibrio de mercado: cando se atopan a oferta e a demanda. Os mercados tenden ao equilibrio: se hai exceso de oferta as empresas que venden a un prezo alto non conseguiran colocar o seu produto e como consecuencia a oferta diminuirá e o prezo baixará, aumentando a demanda, proceso que continuará ata chegar ao equilibrio.
Se hai exceso de demanda, as empresas poderán aumentar o prezo e seguir colocando a súa produción, novas empresas comezarán a operar no mercado e a oferta expándese. Ao mesmo tempo, a subida dos prezos reducirá a demanda ata chegar a un nivel de equilibrio



Comentarios