18ª Clase de IAEE, 4º ESO. 11/11/2020
- Héctor Marcos Pérez Feijoo
- 11 nov 2020
- 2 Min. de lectura
Revisión dos resultados do exercicio do día anterior.
Comezo da explicación sobre dereitos e deberes na relación laboral
Un contrato de traballo supón uns dereitos e obrigas recíprocos.
O empresario contrae obrigas con:
O traballador: cando a relación laboral sexa de duración superior a catro semanas, o empresario deberá informar por escrito ao traballador sobre os elementos esenciais do contrato e principais condicións de execución da prestación laboral, sempre que tales elementos e condicións non figuren no contrato de traballo formalizado por escrito.
Os representantes legais dos traballadores: tamén deberá entregar aos representantes legais dos traballadores, unha copia básica dos contratos formalizados por escrito, así como as prórrogas dos contratos e as denuncias destes, tendo para iso o mesmo prazo de 10 días. A copia básica conterá todos os datos do contrato a excepción do número do DNI, domicilio, estado civil e calquera outro dato que poida afectar á identidade persoal do interesado. Posteriormente, a devandita copia básica enviarase ao Servizo Público de Emprego. Cando non exista representación legal dos traballadores tamén deberá formalizarse copia básica e remitirse ao Servizo Público de Emprego.
O Servizo Público de Emprego: os empresarios están obrigados a comunicar ao Servizo Público de Emprego no prazo dos 10 días seguintes á súa concertación o contido dos contratos de traballo que celebren ou as prórrogas destes, deban ou non formalizarse por escrito.
Dereitos do traballador:
Á ocupación efectiva durante a xornada de traballo: é dicir, a traballar no acordado.
Á promoción e formación no traballo: a ascensos e melloras a medida que traballa na empresa.
A non ser discriminados para acceder a un posto de traballo.
Á integridade física e á intimidade.
A percibir puntualmente a remuneración pactada.
Os demais que se establezan no contrato de traballo.
Deberes do traballador:
Cumprir as obrigas concretas do posto de traballo conforme aos principios da boa fe e dilixencia.
Cumprir as medidas de seguridade e hixiene que se adopten.
Cumprir as ordes e instrucións do empresario no exercicio da súa función directiva.
Non realizar a mesma actividade que a empresa en competencia con ela.
Contribuír a mellorar a produtividade.
Os demais que se establezan no contrato de traballo.


Comentarios